A TVG e a música española.

En vez de fomentar a música propia e xenuína e abrirse ao mundo lusófono, os responsábeis da TVG fomentan a música española. Xa hai moitas cadeas en español que o fan ou que o poden facer mellor que vós… E ao mesmo tempo hai grupos de música galega moi bos totalmente marxinados.

Como se nota que quen dirixe a TVG é o PP, que até asfixia e amordaza aos propios profesionais da Casa. Non lembro quen era o poeta que dicía nun verso que o galego é un cisne que quere ser un pato. Pois iso mesmo é o que fai o PP en Galiza, converter os cisnes en patos.

Dito isto co meu maior respecto aos patos, pois trátase dunha metáfora… Como a Feijóo, a Rueda, Rajoy e a outra xente do PP lles gusta ver como se tortura aos touros nunha praza, igual tamén nos televisan unha tourada un día destos, con esa música taurina da que tanto gostan.

É esta a xente que queredes que goberne Galiza? E, se o necesitan, pactarán sen escrúpulos con VOX, como xa fixeron noutros lugares do Estado. Queremos ouvir a música fascista aínda máis alto? A min desde logo arrepíame.

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.

Outros artigos