A salvaterrense Nara fai historia coa selección galega de fútbol

Conquistando a Fase de Prata do Campionato de España Sub-15

Salvaterra de Miño | A nosa veciña de Fornelos e xogadora da Selección Galega de fútbol sub-15, Nara Fernández Groba, añadiu unha páxina máis na súa brillante e prometedora carreira dentro do fútbol feminino.

A xove xogadora ven de acadar o pasado 11 de xuño coa selección galega, a Fase de Prata do Campionato de España disputando a final en Huelva.

Ademáis, na final que venceron ante a Comunidade Valenciana por 0-3, Nara fixo un golazo de falta. Dende o Concello queremos enviar os nosos parabéns a toda a Selección Galega, en especial a nosa xogadora e queremos animala a que siga na súa formación deportiva que lle permita acadar o seu soño futbolístico, sen perder os valores propios do deporte.

Conclúe Obradorio de defensa persoal
Hoxe finalizou unha das nosas accións a prol da igualdade e dentro das iniciativas enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de Xénero a través do Ministerio de Igualdade, que é o Obradoiro de “Defensa Persoal”.

Este Obradoiro impartiuse o 19 e o 20 de xuño na casa da cultura de Salvaterra de Miño.
Esta acción é unha continuación da liña de traballo que vén seguindo este Concello a través doutras campañas e accións de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero, como o concurso de slogans e campañas de prevención que levan moitas edicións xa.

Consideramos necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, un reto no que debemos estar unidos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outros este, o obxectivo final destas accións”.