A propósito do embarcadoiro de Doade.

Por Antonio Rodríguez Álvarez

Con demasiada frecuencia nos últimos dous anos aparece nos distintos medios de comunicación, especialmente nos escritos, manifestacións de diletantes historiadores e periodistas, informacións como a seguinte: “El Club Náutico de Ponte do Sil sigue apareciendo en Google Maps como -embarcadero de Doade a pesar de que se encuentra en territorio de Monforte y no en la parroquia soberina de este nombre”, ver La Voz de Galicia, 14 de abril de 2022.

Estas manifestacións inexactas crean opinión que da lugar a múltiples problemas que convén aclarar xa de forma definitiva.

1.- O recén bautizado “Embarcadoiro Ponte do Sil” pola área de turismo da Diputación de Lugo únicamente conduce a equívocos para chegar a él. Veámos: Ponte do Sil é un topónimo do Concello de Ribas de Sil e así figura no Mapa Topográfico Nacional do Instituto Geográfico Español así como no Mapa Topográfico do Exército dende a súa creación. Na actualidade Google Maps tamén o ubica en Ribas do Sil, como non podía ser doutro xeito.

2.- A ponte que cruza o Sil pola LU-903 e OR-903 denominase “Ponte de Paradela” ao atoparse nesta parroquia do Concello de Castro Caldelas o seu maior treito. Ao menos desde a súa construcción, en 1952, así figura na documentación existente.

3.- A parroquia de Doade abrangue parte do término municipal de Monforte de Lemos e Sober. Non coinciden as demarcacións eclesiástica e civil; aquéla moito anterior a ésta (1833). A parroquia de Marcelle non chega ata o río Sil, senon que o seu límite sur é o pueblo de Ceceda, pois Palleiros e San Pedro de Baños pertenecen dende sempre a Doade. Os habitantes destes pobos son da parroquia de Doade e así se sinten pois bautizanse, casanse e enterranse no cementerio parroquia; a parroquia e non o municipio é a institución propia da organización territorial de Galicia como dí o noso actual Estatuto de Autonomía de 1981.

En conclusión: a) O nome de Embarcadoiro de Doade é o correcto porque se atopa na parroquia soberina deste nome donde non chega a parroquia de Marcelle, b) A denominación recente “embarcadoiro Ponte do Sil” é errónea e confusa xa que onde está situado é no chamado Ponte de Paradela. c) Embarcadoiro Ponte do Sil está ubicado e sinalizado na parroquia de Paradela, término municipal de Castro Caldelas.