A oposición denuncia a opacidade e as manobras do goberno de Ourense

Asegura que impide o labor de control e fiscalización

Ourense | O PSdeG, BNG e Cs decidiron abandonar a xunta de área de urbanismo do Concello de Ourense por mor da falla reiterada de información e ante a ausencia reiteradas das concelleiras con competencias delegadas.

Esta actitude obstruccionista do labor fiscalizador da oposición vai na liña contraria ao expresado polo alcalde á Valedora do Pobo, coa que se comprometera por escrito a dar a información solicitada e pendente ao longo do pasado mes de xaneiro. Xurden varias interrogantes ante as ausencias reiteradas de concelleiras con competencias delegadas.

Por qué Sonia Ogando non comparece, xusto neste momento no que o debate urbanístico e as diferenzas entre os socios de goberno está máis latente que nunca?. Por qué non se da unha soa resposta das áreas que xestiona directamente o alcalde como por exemplo na de cultura, agora rebautizada en artes e festexos?.

A oposición é consciente de que a xunta de área de Urbanismo, na que tamén se inclúen infraestruturas, educación, promoción económica, artes e festexos, contratación e persoal, non é operativa nin funcional, motivo pola cal xa se ten demandado en reiteradas ocasións a reformulación da mesma.