A Iacobus Maris chega ao seu final en Vigo

Unha Traslatio que comezou en Xénova o pasado 26 de xuño

Vigo | A expedición Iacobus Maris, que recrea o roteiro marítimo xacobeo, mellor coñecido como a Traslatio, finalizou en Vigo o seu traxecto tras partir do porto de Xénova o pasado 26 de xuño.

O peirao de transatlánticos do Porto de Vigo foi o escenario no que decenas de vigueses así como diversas autoridares recibiron á frota da Iacobus Maris, formada por Peregrina (español), a carabela Beira Cruz (portuguesa), as goletas Evangelina (galega), Atyla (española) e Etoile (francesa), o palibote alacantino Pascual Flores e o VO70 E1. Tamén participaron o Palinuro (italiano) e Mircea (Romanía)

Os tripulantes finalizan así unhas 1.600 millas de navegación que os levaron dende o porto de Xénova por Valencia, Sevilla, Oporto e Vigo. Antes de entrar no Porto vigués, a expedición realizou unha parada naval nas Illas Cíes.

Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta de Galicia en Vigo.

Entre as autoridades presentes destacaron Marta Fernández-Tapias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, quen recibiu á frota nas Illas Cíes e seguíu a parada naval na embarcación Pascual Flores acompañada de Jesús Vázquez Almuiña, presidente do Porto de Vigo, e Walter Álvarez, director territorial de Abanca en Vigo.

Os tripulantes da Iacobus Maris foron tamén recibidos por representantes das embaixadas dos países que participaron no roteiro como Rodica Radian-Gordon, Embaixadora de Israel en España;. Marian Popescu, Cónsul Xeral de Romanía en Bilbao; e Francesco Milani, Cónsul Honorario de Italia na Coruña.

A Iacobus Maris foi organizada pola Fundación Traslatio co patrocinio de Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, e a colaboración de Abanca, Applus+, Estrella Galicia 0,0 e a Autoridade Portuaria de Vigo.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.