A Guarda organiza os Obradoiros Balcóns Verdes

Enmarcados no ciclo medioambiental sostendo o futuro

A Guarda | Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente, oferta tres obradoiros diferentes baixo o título Balcóns verdes, coa intención de aproveitar os balcóns ou terrazas para crear zonas verdes para gozar, para espertar o interese en cultivar á propia saúde e acadar momentos de alegría tanto para nós como para a comunidade en xeral todo coa axuda do mundo vexetal e a súa diversidade.

Os obradoiros terán unha duración de 10 horas cada un, repartidas entres os venres pola tarde e os sábados polas mañás e poderán realizarse todos ou cada un por separado.
Os cursos van dirixidos a persoas con ou sen experiencia nos cultivos de plantas, só terán interese na creación de espazos verdes, na diversidade de colores, olores e colleitas.

Os tres obradoiros son:

• Plantas aromáticas e flores no balcón.
22, 23, 29 e 30 de abril
– Coñecer a orientación óptima no teu balcón e que flores e plantas aromáticas poderanse cultivar
– Macetas e outros envases para o cultivo así como a importancia da terra apropiada. Onde conseguir a mistura de terra axeitada para o meu cultivo.
– Que é o que quero e podo cultivar no meu balcón. Onde e como adquiro as plantas.
– Usos das herbas e plantas medicinais na cociña e infusións.
– Exemplos para a reprodución e conservación das plantas

• Balcón verde de plantas comestibles
6,7,13 e 14 de maio
– Coñecer a exposición do balcón ao vento e ao sol: cales son as hortalizas que podo cultivar.
-Aprender a aproveitar ao máximo cada espazo para poder cultivar variedades diferentes. Estruturas diferentes para cada balcón ( palets, estantes,…)
– Combinacións de hortalizas para favorecer un crecementos saudable (plano de cutivo para cada participante)
– Exemplos de combinacións de hortalizas e plantas aromáticas que melloran o crecemento e atraen insectos para garantizar a colleita (importancia polinización)

• A horta vertical con ciclo biolóxico completo
20,21,27 e 28 de maio
– Que é unha horta vertical con ciclo biolóxico completo e que necesidades ten.
– A construción do envase para a horta vertical con compostaxe, adaptada a cada balcón e o seu espazo.
– A terra para cubrir as necesidades das plantas.
– Adquisición semente, reprodución plantas anuais e perennes
– Mellores combinacións de hortalizas, plantas aromáticas, flores etc

Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda no mail informacion@aguarda.es.