• Segue conectado
  • |

A Guarda e Caminha iniciaron as andainas de 2017

A primeira ruta foi entre O Rosal e A Guarda

A Guarda/Caminha | Como ven sendo habitual, un ano máis o Concello da Guarda organiza diversas andainas coas que se busca ofrecer aos veciños e veciñas alternativas saudables de lecer para desfrutar ao aire libre. Esta actividade volve a estar organizada conxuntamente coa localidade portuguesa de Caminha e nela se ofertan 6 andainas programadas dende a Concellería de Deporte e Patrimonio para este ano 2017.

 

A primeira das andainas realizouse esta fin de semana, o sábado 25 de marzo, cunha ruta de 17 quilómetros que saíu dende San Xián (O Rosal) para percorrer o Camiño dos Burros pola Serra da Groba ata rematar na Guarda. Esta primeira andaina, que foi gratuíta e para a cal o Concello da Guarda dispuxo dous autocares para trasladar aos participantes ata o comezo da mesma, tivo unha gran acollida con máis de 140 participantes, contando o grupo chegado dende Caminha, que desfrutaron das fermosas vistas e paraxes que ofrecía o camiño.

Para as dúas andainas seguintes, organizadas antes do descanso de verán, o prazo de inscrición pechará o 19 de abril. A segunda andaina será o sábado día 6 de maio. Trátase dunha ruta entre Allariz e Augas Santas, cunha distancia total de 15 quilómetros; e a terceira realizarase o sábado 3 de xuño, nunha ruta de tamén 15 quilómetros, pola Illa de Arousa. En agosto, o luns 28, está programada unha andaina á Romaría de Arga de San Joao en Caminha, na que se poderán inscribir ata o 21 do mesmo mes. Tras o verán, seguirán as andainas con novas rutas en setembro e outubro.

 

Todos os interesados en realizar as inscricións, consultar calquera dúbida ou obter máis información poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

Publicado o 28 Mar 2017 en A Guarda, Caminha.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies