A Guarda contará con servizo móbil de nova xeración

Na banda de 700 MHz coas principais operadoras móbiles

A Guarda | O Concello da Guarda informa que en vindeiras datas contarase na vila co servizo móbil de nova xeración na banda de 700 MHz coas principais operadoras móbiles.

Nesta fase inicial as empresas verificarán a calidade do servizo, co cal terase mellor cobertura tanto en interiores coma exteriores, así coma unha mellora substancial na velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, e novos servizos que sairán ao mercado nos vindeiros anos.

A prestación dos servizos móbiles nesta banda de 700 MHz pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT dos usuarios da nosa vila, debido a que esta frecuencia empregábase anteriormente para servizo de televisión.

Para solucionar ditas afectacións, en caso de chegar a producirse, os operadores móbiles habilitaron a llega700, para resolver as incidencias a través do numero de contacto de atención gratuíta para a cidadanía 900 833 999. Trala notificación da afectación por parte dos veciños, un técnico cualificado desprazarase e procederá a realizar as labores de acondicionamento para solucionar a incidencia. Todo elo sen custe algún para eles.