A Guarda celebra o Día Mundial da Auga

En colaboración co Fondo Galego de Cooperación

A Guarda | O día 8 de Marzo o Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda convocou un concurso de fotografía en colaboración co Concello da Guarda e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día mundial da Auga (22 de marzo).

Así o día 13 de abril o xurado composto por persoas do Consello Climático e por persoal de prensa do Concello da Guarda, emite a súa valoración das 17 fotografías presentadas ao concurso de xeito anonimizado e telemático.

O resultado despois da rolda de votacións deron como gañadoras as fotos presentadas por:

– MARTÍN ÁLVAREZ CUÑA – foto gañadora
– MARÍA PEREIRA – foto accésit
– ANDREA MARTÍNEZ – foto accésit

exposición

Todas as fotografías participantes están xa expostas no Concello da Guarda nunha exposición que foi inaugurada o pasado venres día 29 de Abril, coa entrega de premios por parte de representantes das entidades organizadoras, ás persoas gañadoras.