A diáspora venezolana esixe en Vigo votar nas súas eleccións presidenciais

O colectivo emigrante protestou fronte ao Consulado venezolano na cidade olívica

Vigo | Unha representación do colectivo venezolano en Galicia fixo acto de presenza fronte ao Consulado da República Bolivariana de Venezuela en Vigo para esixir a apertura e o acceso ao rexistro electoral en Venezuela de cara ás eleccións presidenciais pautadas para o vindeiro 28 de xullo (28X)

Tanto como reclamar o seu lexítimo dereito ao voto libre e democrático, os manifestantes pediron a liberación dos presos políticos en Venezuela e o fin do acoso e das detencións ao equipo de campaña electoral da candidata María Corina Machado, inhabilitada polas autoridades do goberno de Nicolás Maduro para concorrer ás eleccións presidenciais.

Estas protestas realizáronse en diversos puntos da xeografía española, destacando Madrid, Vigo, Barcelona e Xixón, entre outros. Seguirán realizando estas protestas cada semana ata satisfacer estas demandas electorais.

No acto en Vigo leuse un manifesto no que se esixía o acceso ao rexistro electoral por parte da diáspora venezolana para exercer o voto e un chamado á comunidade internacional para premer ao goberno de Maduro pola liberación dos presos políticos e o fin do fustigamento contra a candidata Machado, vencedora das primarias realizadas pola oposición venezolana en outubro pasado e candidata unitaria.

Precisamente, e ante este acoso por parte das autoridades do goberno de Maduro, desde Venezuela puido coñecerse este 22 de marzo do nomeamento de Corina Yoris como substituta de María Corina Machado para representar á candidatura unitaria da oposición ante o Consello Nacional Electoral (CNE)

Yoris é licenciada en Filosofía e Doutora en Historia e foi membro principal da Comisión Nacional das Primarias.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.