A Deputación de Lugo mellora 11 estradas provinciais de 10 concellos

Investindo máis dun millón de euros

 

Lugo | O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou que a xunta de goberno celebrada telemáticamente aprobou actuacións para a mellora de 11 estradas provinciais que discorren por dez concellos nas que a institución inviste máis de 1 millón de euros.

“Seguimos demostrando que unha da prioridades deste goberno é a mellora das comunicacións. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os ervizos. Ademais, en tempos de crise, a obra pública pode e debe actuar como un motor que incentive a actividade económica e que axude a manter ou crear emprego”, subliñou Tomé. “Sacando adiante proxectos, contratos e obras beneficiamos a todos os concellos e a todos os veciños e veciñas da provincia, independentemente da localidade na que residan, favorecendo o equilibrio territorial”, indicou o presidente.

En Sober, por exemplo, aprobouse a adxudicación do acondicionamento da estrada LU-P-5903, que une Sober con Doade. A Deputación arranxará preto dun quilómetro desta vía, entre o punto quilométrico 13 e o 13,740. Estes traballos teñen un orzamento de 97.385,75€, e un prazo de execución de 9 meses.

Trátase dun dos tres tramos que unen Sober coa estrada autonómica de Monforte a Castro Caldelas pendentes de acondicionar, segundo explicou o presidente. Esta estrada ten relevancia social e económica, pois pasa pola parroquia de Amandi, e dá servizo á veciñanza e ás persoas que se achegan á zona.

Outros artigos