A Deputación da Coruña amplía en dous meses o período voluntario de pago do imposto de vehículos

O cargo en conta dos recibos domiciliados terá lugar o 1 de xullo

A Coruña | Tras o aprazamento dos prazos de cobro de impostos durante os meses de marzo e abril, a Deputación da Coruña vén de abrir a primeira campaña de recadación voluntaria do ano, que inclúe o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) en 79 concellos da provincia.
O período voluntario de pago comezou onte, 4 de maio, e remata o vindeiro 1 de setembro, ampliándose en case dous meses con respecto aos prazos habituais co fin de facilitar á cidadanía o cumprimento das súas obrigas tributarias.

O período voluntario da primeira campaña de recadación voluntaria, que inclúe o IVTM, abriuse onte e rematará o 1 de setembro

O envío de recibos para o pago comezará unha vez levantado o confinamento e o cargo en conta dos recibos domiciliados terá lugar o 1 de xullo.

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do email atencion.tributaria@dacoruna.gal, así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Tamén pode solicitarse atención presencial mediante cita previa, que deberá solicitarse por vía telefónica, por correo electrónico o una web da Deputación.