“A Coruña no contexto global do século XXI”

Presentado o mapa interactivo cos principais fitos históricos, infraestruturas e monumentos da cidade

A Coruña | O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime, José Manuel Lage, presentou esta mañá o mapa “A Coruña no contexto global do século XXI”, un recurso interactivo no que se pode consultar información sobre os principais fitos históricos, infraestruturas e monumentos da cidade.

“Para este Goberno un dos principais compromisos é volver a reposicionar A Coruña no mapa global e para iso é preciso tamén saber da súa historia entendendo o porqué de que hoxe esteamos aquí” sinalou José Manuel Lage.

O mapa “A Coruña no contexto global do século XXI” xa se pode consultar na web https://acorunha.hub.gal/#mapa nos diferentes idiomas dispoñibles: galego, español, inglés, portugués e chinés.

Tamén pode descargarse a versión gráfica para imprimir, dispoñible na mesma ligazón.