A Coruña acollerá a IV edición do festival “Elas Son Artistas”

De Música e Artes pola Igualdade, a celebrarse de abril a setembro

A Coruña | Neste ano 2021 marcado pola situación sanitaria actual, a organización de Elas Son Artistas optou por manter e reformular esta nova cita cun cartel no que destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova Iork, Vanesa Álvarez, a actriz Iria Pinheiro coa sua obra “Anatomía dunha serea”… Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual…) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición.

A organización de Elas Son Artistas presentaba esta mañá no hall do Teatro Colón da Coruña a cuarta edición dun festival de música e artes pola igualdade reconvertido en ciclo de eventos repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña de abril a decembro.

Neste sentido, Tomi Legido, codirector e director artístico do festival, sinalaba: “É un momento crítico para o sector cultural e o noso compromiso e, tal como xa fixemos en 2020, toda a programación que sexa posible. A parte negativa é que varios dos patrocinadores nos informaron de que non poden continuar coa súa aportación pola crise que están a vivir nas empresas polo que seguiremos traballando na búsqueda de mecenazgo e patrocinios porque estamos convencidos de que o proxecto merece consolidarse. Hai moito talento feminino que debe visibilizarse para que o público disfrute, a xente moza teña referentes e para que as artistas seguen a traballar porque o precisan tanto a nivel económico como anímico. O pasado 2020 dimos traballo a 87 persoas, creo que é un dato a destacar”.

A codirectora e responsable de comunicación, Bea Camiña, destacou: “Elas Son Artistas non entende de fronteiras administrativas nin das artes como compartimentos estancos. Temos moita música pero tamén teatro, pintura, arte visual, un obradoiro de creatividade para mulleres e agardamos poder sumar algunha arte máis, xa que é importante sinalar que o programa de actividades non está pechado”. A actuación principal debemos agracederlla a Bettina, a directora do Teatro Colón que facilitou que podamos ter a Martirio co excepcional pianista Chano Domínguez e tamén recuperar a Carmen Boza que estaba prevista para 2020 e non se puido realizar a súa actuación no Garufa Club.

Os representantes dos oitos Concellos da área metropolitana agradeceron emocionados “que unha iniciativa como a de Elas Son Artistas non se rinda en plena pandemia, co necesaria que é a cultura para a saúde mental”.

O festival comeza en Oleiros, en Santa Cristina o día 24 de abril coa actuación da catalana Mabel Flores presentando o seu segundo disco, “Meraki”. Xa en maio, en Bergondo, a actuación de Black co seu espectáculo “Voces de Muller”, en Betanzos con Iria Pinheiro e a impactante obra teatral “Anatomía dunha serea”, e para finalizar o día 30 de maio coa artista madrileña Mäbu que vai mover a moita xente ata o Concello de Arteixo. En xuño en Carral de novo con música e pintura.