A corporación municipal de Sober constituiuse de madrugada

Oito concelleiros do PP, dous de Agroma Sober e un socialista

Sober | A Corporación de Sober celebrou o pleno de investidura hoxe ás 00:00 horas, sendo unha das primeiras en España en constituírse. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explicou que se trata dunha anécdota que xa vén sendo habitual desde a súa primeira toma de posesión, no ano 2011, e que pon o foco en Sober a nivel nacional.

A Corporación local de Sober foi constituída con oito concelleiros do Partido Popular, que acadou maioría absoluta nas eleccións locais do 28 de maio, quenes xuraron o cargo máis dous edís de Agroma Sober e un do PSdeG-PSOE, que prometeron “cumprir fielmente coas esixencias do cargo de concelleiros e cumprir e facer cumprir a Constitución”.

Á sesión asistiron vinte vecinos e Francisco Conde, de Monforte, exvicepresidente da Xunta. Guitián dixo: “Sober foi no 2011 a primeira corporación de España en constituírse e a primeira que convocaba o seu pleno a medianoite, e volvémolo facer no 2015 e no 2019 e agora xa hai outros que tamén o fan, pero os primeiros fomos nós” en alusión aos concellos de Láncaca e As Nogais, tamén na provincia de Lugo.  O alcalde amosou a súa satisfacción polo amplo respaldo electoral xa que o PP subiu en apoio popular e “iso é algo moi difícil de conseguir”. Fernández Guitián confesou que nistes catro últimos anos viviu momentos duros na Alcaldía pero os resultados acadados fixeron esquencer os malos tragos.

Oposición
Paula Verao de Agroma Sober dixo que “un pleno a estas horas obriga a facer horas extras ao persoal municipal e tamén aos xornalistas que o teñen que cubrir”. Fixo votos para que en Sober siga sendo posible o consenso “en asuntos básicos como a violencia machista ou a normalización lingüística”.

Eladio Fernández, do PSOE, presidente da mesa de idade, sobre a convocatoria do pleno nocturno dixo que “facelo unha ou dúas veces pode ter sentido, pero repetilo máis xa non”. Fernández cree que o alcalde ten que tentar que Sober sexa noticia por outras cousas xestionando ben os recursos que ten este concello.

Admitiu que Fernández Guitián é unha persoa coa que se pode dialogar e abogou porque a corporación municipal “se siga caracterizando polo diálogo e non pola bronca”.