A Coral Cantares de Xinzo celebra o II Encontro de Corais

O vindeiro 26 de setembro no auditorio do Centro Cultural da parroquia ponteareán

Ponteareas | O vindeiro domingo 26 de setembro terá lugar o II Encontro de Corais de Xinzo no auditorio do Centro Cultural da parroquia. O evento dará comezo ás 18:00 h e contará tanto coa participación da Coral Cantares de Xinzo como coa invitada Coral Polifónica “O son dos Cantares” de Tameiga (Mos).

A anterior edición do encontro celebrouse no ano 2019 e tivo como convidados á Coral Polifónica Santa María de Pazos e á Coral Polifónica Santa María de Areas. Debido á situación provocada pola COVID-19, a segunda edición deste encontro non puido realizarse o ano pasado, polo que tivo que aprazarse ata a data.

Celebrarase con todas as medidas sanitarias pertinentes tanto para a seguridade do público como para a dos integrantes de ambas as corais.