A conselleira de Vivenda mantén un encontro de traballo co Alcalde de Muíños

Realízanse traballos de mellora ao abeiro do Plan Hurbe

Ourense | A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño.

No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense, e no que tamén estivo a directora territorial da Consellería, Pilar Fernández León, repasáronse as últimas actuación de colaboración da Xunta co Concello, entre elas, as actuacións de mellora de espazos no lugar de Muíños, na parroquia de San Pedro de Muíños, ao abeiro do Plan Hurbe.

A conselleira tamén informou ao rexedor dos distintos programas de rehabilitación de vivendas que poden solicitar os Concellos, como por exemplo os Fondos de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.

O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.