A Confederación Hidrográfica Miño-Sil limpou os ríos na comarca da Limia

Investindo máis de 480.000 euros

Xinzo de Limia | A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) dí nun comunicado de prensa que investiu máis de 480.000 euros na limpeza e conservación de leitos na comarca da Limia durante o período 2019-2020.

O organismo sinala que actuou en máis de sesenta quilómetros de leitos nos municipios de Sarreaus, Sandiás, Xinzo, Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga, Porqueira, Trasmiras e Bande. A Hidrográfica explica que estas intervencións son para “mellorar o funcionamento natural do río”. Aplicáronse técnicas de bioingeniería, con biorrollos ou plantando frondosas. Desde o 18 de xaneiro, traballan no arroio Grande, en Ganade (Xinzo).

 

Outros artigos