• Segue conectado
  • |

A Concelleria de Emprego e Formación de Salceda firma un convenio con Bodegas La Val

Primeiro  obradoiro de Vitivinicultura de Galicia
Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas e “Bodegas La Val” de Salvaterra de Miño, firmaron un convenio para formar a 15 desempregados do Concello de Salceda de Caselas nas tarefas propias dunha adega.
Este convenio encádrase dentro da solicitude dun Obradoiro de Emprego por parte do Concello de Salceda de Caselas á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, obradoiro que contaría cas especialidades de Vitivinicultura, Limpeza Industrial e Xardinería – Viveirismo, para formar de maneira eminentemente práctica a 45 desempregados. Pola nosa parte, dice a responsable Marina Cabaleiro, poñemos tódolos medios e orzamento necesario, agora queda que a Xunta de Galicia cumpra coa súa parte.
A especialidade de Vitivinicultura que se realizaría en colaboración con “Bodegas La Val” é novedosa, xa que sería a primeira experiencia deste tipo en Galicia, e a segunda en todo o territorio nacional. A dificultade de levar a cabo actividades formativas relacionadas coa vitivinicultura radica en atopar instalacións que cumpran cos requisitos dos programas formativos, por iso é fundamental a colaboración das empresas privadas neste campo.
Antonio Ruiloba, xerente de “Bodegas La Val”, destaca o carácter positivo e innovador de realizar un obradoiro de emprego en vitivinicultura para formar a desempregados, xa que o sector carece de persoal con formación específica na materia.
Tendo en conta que Según datos da “Organización Internacional de la Viña y el Vino” (OIV), o sector vitivinícola no noso país destina a cultivo de vides 1.032 millóns de hectáreas, a maior extensión de viñedos da Unión Europea e da cal se obteñen 34.300 (Miles hl) e que ademáis a exportación estímase en 103,5 millóns de hectolitros no ano 2011:
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación afirma que tendo en conta eses datos técnicos que mostran a importancia deste sector, debemos formar os nosos desempregados en profesións onde hai carencia de persoal cualificado en todo o seu proceso productivo e con proxección de futuro. Tamén quere recalcar o agradecemento a “Bodegas La Val” por firmar este convenio de colaboración sin o cal non sería posible facer este tipo de formación. Unha vez máis dende esta concellería queremos apostar pola innovación na formación para poder facilitarlle a inserción aos desempregados do noso Concello.

Publicado o 13 Set 2012 en Salceda de Caselas, Traballo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies