• Segue conectado
  • |

A Concellería de Deportes presenta a "I 10 K CONCELLO DE SALCEDA"

Chega por primeira vez a este Concello unha carreira puntuable
Trátase dunha carreira popular, organizada pola Concellería de Deportes e que conta ca colaboración das Escolas Deportivas Municipais.

Salceda de Caselas| Esta carreira está enmarcada dentro da planificación deportiva desta Concellería onde queremos dar cabida a todo tipo de actividades deportivas.
O evento está diposto para o próximo 5 de maio e contará con probas para distintas categorías:
– A categoría absoluta será as 10:30 horas (ano 1997 e anteriores)
– Resto das categorías a partires das 12.00 horas.
A liña de saída estará situada na Praza do Concello e a categoría absoluta precorrerá 10 km. que se desenrolarán polas rúas da vila e polas distintas parroquias do municipio.
A organización conta con un amplo abano de patrocinadores, entre os que se atopan moitos dos comercios e hosteleiros salcedenses.
Ademáis, é a primeira vez que este concello acolle unha carreira puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares (circuíto 2012/2013)
Os participantes deben inscribirse na páxina www.championchipnorte.com” , e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.salcedadecaselas.es ou dirixíndoxe a Concellería de Deportes.
Haberá trofeos e agasallos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, ademáis de premios para os primeiros atletas salcedenses clasificados.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área “esta é unha actividade para todos e todas, xa que ademáis da categoría absoluta haberá distintas probas ao longo de toda a mañá. Dende esta concellería apostamos polo deporte como un hábito saudable, ademáis con esta carreira queremos dar resposta demanda de moitos veciños e veciñas despois do éxito da San Silvestra que xa vai pola segunda edicción”

Publicado o 11 Abr 2013 en Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies