A Cañiza terá as pistas de Skatepark e Pumptrack máis grandes de Galicia

Comezaron as obras supervisadas polo alcalde Luís Piña

A Cañiza | O Alcalde Luis Piña visitou esta mañá as obras acompañado do deseñador das pistas, Alex Durán, técnico da empresa viguesa CROMOLY S.L., contratada pola mercantil encargada da execución da obra, para dirixir o proxecto.

Con máis de 19 anos de experiencia no sector, Alex Durán (un dos deseñadores da pista de “O Marisquiño” de Vigo) describiu o novo parque como “O máis completo de Galicia” por toda a variedade de pistas que ofrece: Bowl, Pumptrack e Street.

As obras se están desenvolvendo na contorna do edificio da actual Escola de Música, na rúa Silleda, nunha superficie total de 3.305 m2. O orzamento das novas instalacións deportivas ascende a un total de 289.991,08€, subvencionadas ao 100% pola Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos da Deputación para os anos 2022 e 2023. 86.997,32€ para 2022 e 202.993,76€ para 2023.

A subvención inclúe 273.656,08€ para a execución da obra que comenzou a primeiros destes ano e foi adxudicada á constructora Prace Servicios y Obras S.A. 7.865,00€ para os honorarios de redacción de proxecto. 6.655,00 de honorarios de dirección de obra e 1.815,00 € de honorarios de coordinación de seguridade e saúde.

Para a redacción do proxecto resultou adxudicataria a empresa Geourban Ingeniería y Urbanismo S.L. , que deseñou un espazo deportivo seguro ao aire libre, seguindo a política do Equipo de Goberno de mellorar as instalacións públicas, apostar por novas disciplinas deportivas, como é o caso do Skatepark e do Pumptrack e ademáis aproveitar este novo recurso para xerar un atraente turístico máis dentro da Comarca.

A superficie de actuación está formada por unha explanada de 3.305 m2 aproximadamente. Dividida en zona verde (con 744 m2), zona de skatepark (1.820 m2), zona de pumptrack (715 m2) e por último una pequena zona de acceso de 26 m2.

Pistas de Skatepark e Pumptrack
Unha nova disciplina deportiva que se converterá tamén en reclamo, para uso de toda/os a/os veciña/os e visitantes que decidan apostar por A Cañiza como destino turístico. Os trazados das pistas de skatepark e do pumptrack buscan a integración de todos os usuarios segundo a idade, modalidade e experiencia. Incluirá elementos innovadores de tal modo que unha persoa menos experimentada poida acadar unha evolución superando diversas etapas dunha forma segura.

O Bowl. A súa forma permite facer unha infinidade de liñas e ten un deseño característico. Cunha profundidade de 1,60 m. e radio de curvatura de 2,45 m., se complementa cunha pa central que sobresae un 1 metro de altura e unha extensión en curva, onde a parte mais alta ten 2,45 m. Por fóra o deseño se complementa cun hump que enlaza cara á zona de street.

Contará con diferentes tipos de planos inclinados e ramplas que ofrecerán un amplo abanico de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias, para distintas disciplinas como skate, bmx, scooter e roller. O Pumptrack está composto por un circuito ondulado con “dubies”, mesetas, curvas e peraltadas. A particularidade é que os usuarios se impulsan con inercias, grazas ás ondulacións que compoñen o carril.

O Skatepark está totalmente integrado na zona con taludes ocultos mediante aporte de terras e revexetados para integrar o deseño paisaxísticamente na zona. A zona Street, en formigón pulido en dous cores, gris claro e gris oscuro, terá elementos en outros materiais, como granito gris alba. Nesta zona se integrarán diferentes caixóns, escaleiras, varandas e ramplas, todo elo interconectado coa zona da miniramp e de bowl, de forma que se poida executar un trazado continuo entre elas. Unha vez rematada a obra, esta zona street terá distintos obstáculos para todos os niveis con caixóns e varandas a distintas alturas inclinacións e formas.

Partimos dunha zona alta de 1,20 m cun plano inclinado “media galleta” para facilitar a velocidade aos máis experimentados e sair cara a zona central onde está o Kicker, que é a rampla lanzadeira do centro onde as escaleiras e tamén as varandas en dous tramos “Double kink”, que fan este park único. Aos lados se dispoñen dous tramos de ramplas con elementos en distintas alturas e formas. Ao fondo da zona Street temos unha quarter de 1 metro de altura cun plano inclinado de 4 metros de lonxitude e unha altura de 1,5 metros.

Avanzando ao centro do street, está deseñada unha zona elevada con inclinacións e cunhas pirámides con distintos elementos, a nivel de chan temos elementos mais longos como a manualera de 15 cm. de altura e varandas de 5 metros de longo en distintas alturas, de 30 cm. a 45 cm., e unha rampla Kicker rodeada de varandas, así como dous caixóns longos
de 6 metros e cunha altura de 35 cm. e outro a 45 cm. respectivamente.

Este quarter continua cunha miniramp cun radio de 2,30 cm. que se integra entre a zona de street , zona de bowl e o pumtrack.