A Cañiza entrega os premios polas Letras Galegas 2025

A Cañiza | Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado “As Cantareiras”, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños e da 1ª Teniente de Alcalde María José Rodríguez, fixo entrega o sábado 17 de maio dos diplomas e premios ás catro concursantes gañadoras do XXVI Concurso de Poesía e do XXIV Concurso de Relatos.

A entrega de premios celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 12 do mediodía.

Premiadas de cada modalidade:

XXVI Concurso de poesía.
1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Diana LOMBA ÁLVAREZ, co poema “UN DÍA DE NÉBOA”.

2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: Estela SENDÍN RODRÍGUEZ, co poema “LINGUA DE BRÉTEMAS E LUZ”

XXIV Concurso de relatos.
1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Alba MARTÍNEZ FERREIRO, co relato “LUCÍA E O BOSQUE DAS MIL RIQUEZAS”

2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: Claudia TRAVIESO IGLESIAS co relato “DESPEDIDA”

O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

Unha vez rematada a entrega de premios, un ano máis o Alcalde felicitou a todos os concursantes pola súa implicación, extensiva ás familias e agradeceu a súa participación neste proxecto cultural que este ano destacou pola sensibilidade poética e tamén pola forza narrativa das pezas presentadas.

A lectura das obras dos concursos literarios e a entrega de premios foi o acto principal destas Letras Galegas 2025, pero todavía quedan actos dentro do calendario programado para este ano.

Dentro desta programación destacamos o Concerto Coral das Letras Galegas 2025, previsto para este sábado 24 de maio, ás 20:30h no Auditorio da Casa de Cultura e no que participarán á Coral Cantares de Xinzo (Ponteareas), a Asociación Coral Alameda de Hogar del Mayor de Pontevedra e a Coral Polifónica da Cañiza.

Como peche desta programación, o sábado 31 de maio, ás 20:30h e tamén no Auditorio, teremos a oportunidade de gozar dun espectáculo de cantareiras, honrando así ás mulleres homenaxeadas neste 2025 polas Letras Galegas.

Felisa Segade e Montse Rivera, cofundadoras do grupo LEILÍA, traen Á Cañiza o espectáculo “AXUDÁDEME A CANTAR”, unha obra que pon en valor o patrimonio inmaterial da nosa historia: O CANCIONEIRO GALEGO.

Ademáis neste acto agasallaremos ao público asistente cun exemplar do libro de Marcos Calveiro “AGORA QUE VEN A NOITE”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.