A Cañiza conta cunha nova máquina varredora para a limpeza

Subvencionada pola Xunta de Galicia

A Cañiza | O Servizo de limpeza do casco urbano contará cunha nova máquina de varrer profesional de 600l, tipo vehículo con motor a gasoil, cunha potencia mínima de 35 CV  que cumple ademáis coa normativa de emisións 2016/1628/CE.

Se trata dunha máquina compacta e articulada que permitirá acceder a zonas e beirarrúas estreitas. Cun ancho dun 1,09m e un largo de 3,90m,  ten un ángulo de xiro de tan so 139 cm e pode traballar nun ancho de barrido de  2m.

Con transmisión hidrostática a través de 4 motores independentes en cada roda e tracción permanente, a varredora ten unha velocidade de transporte e de barrido de 25Km/hora, chasis articulado e oscilación compensada integrada.

A máquina rotulada co escudo oficial e o novo logo-marca do Concello e do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, estará en garantía durante un ano, incluindo asistencia técnica e mantemento preventivo e correctivo.

Tamén esta mañá a empresa BAYGAR comezou a formación do persoal municipal adscrito ao servizo de limpeza viaria que será o encargado da súa conducción e utilización.

A adquisición desta nova varredora permitirá optimizar os recursos do servizo de limpeza viaria en beneficio dunha maior aperatividade e calidade ambiental e do medio natural en todo o Concello.