A Cañiza aproba os seus Orzamentos 2022

Por un importe de 7.212.517,79€

A Cañiza | No Pleno extraodinario celebrado este 3 de outubro a Corporación Municipal da Cañiza aprobou definitivamente o Orzamento para o exercicio de 2022 cos 7 votos a favor do equipo de goberno e o voto en contra dos 5 concelleiros da oposición. Este orzamento aprobouse inicialmente no Pleno celebrado o pasado 2 de setembro, estando en período de alegacións ata o pasado venres.

A entrada en vigor do Orzamento Municipal para 2022 recolle a subida salarial do 2 %, aplicada desde xaneiro, establecida nos Presupuestos Generales del Estado de 2022 así como a creación dunha praza de funcionario administrativo.

Tamén se dedica unha importante partida aos servizos sociais, sobre todo á atención dos nosos maiores e ás persoas en situación de exclusión social. O máis importante deste Orzamento é a partida destinada a Investimento cun Anexo que alcanza os 3.263.571,69 € e que ten como obxectivo mellorar as infraestruturas e servizos públicos locais.

Desta cifra se descontan 1.236.506,39 € que corresponden á  renovación do alumeado público de Cañiza, Petán e Oroso que xa aparecían nos Orzamentos do 2021 e que volven para este exercicio 2022 para así poder financialos cun préstamo bancario que se amortizará tan pronto o Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético do Goberno de España abone ás subvencións que  xa están concedidas pero que non se fan efectivas ata o remate e xustificación das obras.

Finalmente a Xunta  de Galicia se compromete co Concello en 2022 con 387.314,09 para investimentos e programas.

“Galegas Dixitais” chega á Cañiza
Este 3 de outubro comezou o programa “Galegas Dixitais” que rematará o vindeiro 11 de novembro e se está impartindo no Aula Cemit da Casa de Cultura da Cañiza.

Conta con tres bloques formativos de 120 horas distribuidas en 40 horas destinadas a competencias dixitais básicas, 40 horas a competencias dixitais avanzadas e outras 40 horas para competencias dixitais para o emprego. Ademáis do título oficial, as participantes conseguirán un ordenador portátil de regalo.

Este proxecto está financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, e  organizado polas empresas Beproject Consultores e Ara Formación.