A campaña “EÓLICA ASÍ NON” achegouse aos montes da Lama

Da man da Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega e do Colectivo A Rente do Chan
Dentro do Día Mundial das Montañas, as persoas e colectivos manifestaron a súa preocupación ante os máis de 300 proxectos eólicos en tramitación en Galicia.

A Lama | A Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega xunto có Colectivo A Rente do Chan, respondendo á convocatoria realizada en toda Galicia pola Coordinadora “EÓLICA ASÍ NON”, reuniu o sábado 11 de decembro en Catro Camiños (A Lama) a ducias de persoas -a título individual ou pertencentes a outros colectivos- das serras do Testeiro, do Suído, do Faro de Avión, Fontefría e A Paradanta.

Dentro do día mundial das montañas, as persoas e colectivos manifestaron a súa preocupación ante os máis de 300 proxectos eólicos en tramitación en Galicia que desposúen ás montañas de practicamente todo os seus valores e funcións de carácter ambiental, paisaxístico, cultural e socioeconómico, pasando a ser meros polígonos industriais ao servizo do oligopolio eléctrico.

Por todo iso, hoxe, once de decembro, a coordinadora “EÓLICA ASÍ NON” da que a Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega forma parte, retoma as proclamas, máis vixentes que nunca, xa expresadas o pasado 5 de Xuño en Compostela a través do manifesto “Eólica así non”.

Contou cunha asistencia de centos de persoas de diversas partes do territorio das provincias de Ourense e Pontevedra.

Deixouse claro que a chamada “moratoria eólica” anunciada polo goberno galego non dá resposta a ningunha das nosas reclamacións, levando á confusión á opinión pública e a desmobilización da sociedade.

Esíxese outra planificación eólica máis xusta coa sociedade galega, o noso rural e o contorno ambiental deixados, doutra maneira, en mans do oligopolio eléctrico o futuro do noso territorio e as nosas montañas.

Contou cunha asistencia de centos de persoas de diversas partes do territorio das provincias de Ourense e Pontevedra.

Na Lama, a 11 de novembro de 2021
PLATAFORMA DE DEFENSA DO SUR DA DORSAL GALEGA