A Biblioteca Viaxeira en Salvaterra

No marco do programa “ler conta moito”

Salvaterra de Miño | Un ano máis a Biblioteca Municipal de Salvaterra viaxa polas parroquias a través do programa de dinamización da lectura “ler conta moito”.

As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de  outubro  diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.

Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas nosas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e  obradoiros que perseguen dunha maneira lúdica chegar ao maior número de nenos e nenas, un programa enfocado a fomentar o hábito da lectura.

“Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas nosas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e  obradoiros”

Por segundo ano consecutivo, e despois do éxito acadado o ano pasado a pesares da situación sanitaria, as actividades de dinamización á lectura dan un salto ás diferentes parroquias que conforman o noso Concello, e que poden ter máis difícil acceder dun xeito habitual á biblioteca municipal.

As actividades están dirixidas a nenas e nenos maiores de 7 anos, e serán con aforo limitado. Para participar é preciso inscribirse no teléfono 637108343 ou no correo electrónico biblioteca@concellodesalvaterra.org.

LISTADO DE ACTIVIDADES:
.Venres 24/09/2021.  Actividade de animación “O museo científico” por Xesús Fernández. Lugar: Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño.

.Venres 01/10/2021. Actividade de robótica educativa. Creatividade inspiradora, impartido por A Nube Animación. Lugar: Centro Cultural Xerme de Cabreira.

.Venres 08/10/2021. Actividade de animación á lectura “Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo” impartido por Yago García. Lugar:  Casa de Cultura de Leirado.

. Venres 15/10/2021. Obradoiro de animación á lectura “A arte de ler. Bolsas de mochila” impartido polo GRUPO O FAIADO DE NIN. Lugar:  Casa de Cultura de Meder.

. Venres 22/10/2021.  Actividade de animación á lectura “ Atrapados con Harry Potter” impartido por David Ballesteros.  Lugar:  Casa do Mestre  en Arantei.

Outros artigos