A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas amplía o seu horario abrindo os sábados

En horario de 10:30 a 13:30 h

Ponteareas | A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, amplía o seu horario abrindo tamén os sábados pola mañá de 10:30 a 13:30 h. Este novo horario coincide cos exames de xaneiro, desta forma os estudantes poderán preparalos máis e mellor.

Hai que ter en conta que a Biblioteca atópase, debido á pandemia, ao 50% da súa capacidade e respectando todas as medidas de seguridade como o uso obrigatorio de máscaras, ventilación nas súas salas, utilización do xel hidroalcólico e a consabida distancia de seguridade.

A Biblioteca de Ponteareas ofrece tres salas de estudo con 30 postos lectura, ademais dun catálogo de mais de 23.000 libros, servizos de microteca, hemeroteca e sala infantil.
Desta maneira o horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 09:00 a 21:00 h de maneira ininterrompida e os sábados de 10:30 a 13.30 h abrindo un total de 63 h semanais o que a converte nunha das bibliotecas de Galicia cun horario máis amplo.