A Asemblea Local do BNG de Salceda ven de elexir novo Consello Local

Salceda de Caselas | O novo Consello Local do BNG de Salceda de Caselas esta composto por:

  • Mª Teresa Pérez González (responsable local)
  • Mª Dolores Castiñeira Alén (Vicerresponsable local)
  • Enrique Besada Pérez (responsable de organización)
  • Xose Manuel Piñeiro Domínguez (responsable de finanzas)
  • Cándido Lorenzo González (Responsable de política municipal)
  • Diego Besada Pérez (Responsable de Participación Veciñal)
  • Andrés Bugallo Pereira ( Responsable de acción electoral)
A nova Responsable Local, Teresa Pérez, ocupa o cargo de Concelleira de Ensino e Cultura.
A nova Responsable Local, Teresa Pérez, ocupa o cargo de Concelleira de Ensino e Cultura no Concello de Salceda de Caselas, sendo membra activa do BNG dende o ano 2003.
O grupo preséntase como un conxunto de xente disposto a traballar man a man co equipo de goberno do BNG de Salceda, servindo de enlace para trasladar as inquietudes da veciñanza de Salceda, así como as súas suxerencias. O novo Consello Local márcase como obxectivo primordial o traballo a prol de Salceda, así como o traballo en defensa dos dereitos e intereses de Galiza, sobre todo de cara ás inminentes eleccións autonómicas. Teresa Pérez amósase con ilusión e con ganas de traballar: “queremos facer do local do BNG un local de portas abertas onde tanto militantes como simpatizantes poidan vir a facernos todas as aportacións que desexen. Queremos un partido aberto á xente e animamos a todos aqueles que o desexen a que se acheguen e que formen parte da grande familia do BNG en Salceda”.