
Santiago de Compostela | O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiu en San Caetano ao presidente da RAG, Henrique Monteagudo, quen informou da presentación da Fundación Pro Academia, un proxecto de apoio ao galego nos diversos sectores da sociedade para reforzar o labor da Academia como institución centrada no estudo e na divulgación da lingua.
A RAG avanza nos trámites preceptivos para a constitución legal desta fundación da que, de acordo cos seus estatutos, a presidencia de honra lle corresponderá ao Presidente da Xunta. Igualmente, Rueda e Monteagudo abordaron a reforma dos estatutos da Academia, así como as previsións da reapertura da sede da RAG na rúa Tabernas da Coruña por mor unha rehabilitación integral e o papel da RAG no desenvolvemento do novo Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado polo Parlamento de Galicia o pasado 7 de outubro.




