O BNG de Ponteareas esixe reforzar o CIM contra a violencia de xénero

Levará esta petición ao pleno municipal deste 24 de novembro

Ponteareas/BNG | O BNG levou ao pleno do 24 de novembro unha moción para reclamar un reforzo dos recursos destinados á loita contra a violencia machista, poñendo o foco especialmente na mellora dos servizos municipais de atención ás mulleres.

A iniciativa reclama ao Goberno local que adopte as medidas necesarias para reforzar o Centro de Información á Muller (CIM) de Ponteareas, dotando o centro dun espazo adecuado para garantir a atención aos fillos e fillas menores das vítimas e incrementar os recursos humanos, especialmente nos servizos de atención psicolóxica e asesoramento xurídico. Por outra banda, o BNG reclama á Xunta que incremente estas axudas para compensar a suba do custo da vida e que reforme a Lei galega 11/2007 para incorporar un mecanismo de actualización anual das contías vinculado á variación media do IPC.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.