Salinas romanas en Oia

O descubrimento confirma o potencial arqueolóxico na costa galega durante a Antigüidade

Oia | Os traballos arqueolóxicos realizados nunha superficie de 100m2 no parque do Aguncheiro en Mougás permitiron sacar á luz unha pequena parte dunha gran salina de época romana, que evidencia a explotación dos recursos mariños na costa galega durante a Antigüidade.

O descubrimento confirma o potencial arqueolóxico que xa apuntara unha prospección con xeorradar realizada en xuño por Allen Gontz, profesor da Clarkson University de Nova York. Os traballos, executados pola empresa Tempos Arqueólogos, forman parte do proxecto “Camiños do Sal”, promovido polo Concello cun investimento global de 119.343,65€, a maior parte procedente dunha subvención cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), no marco das axudas xestionadas polo GALP Ría de Vigo-A Guarda.

 

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.