
Salceda de Caselas | Nun acto de lembranza ás persoas asasinadas e represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, noventa anos despois, ao carón do Muíño do Marcial, o Concello de Salceda realizou unha ofrenda floral adicada aos catro canteiros “paseados” e asasinados o 21 de novembro de 1936: Ángel Cabaleiro, Benito Antonio Cabaleiro, Gabriel Besteiro e Manuel Domínguez.
Estiveron presentes o grupo de goberno encabezado pola Alcaldesa Loli Castiñeira, o Tenente de Alcalde Xurxo Gregorio e os concelleiro/as Selene González e Alex Rodríguez.




