Memoria Democrática con Baltasar Garzón en Tomiño

Cunha conferencia sobre a resposta aos crimes das ditaduras dende unha perspectiva internacional

Tomiño | O Auditorio de Goián acolleu este 20 e 21 de novembro as xornadas de memoria democrática en lembranza de Francisco Rodríguez Otero, Paquiño de Figueiró. Desde a súa experiencia como maxistrado da Audiencia Nacional e como asesor da Fiscalía da CPI, Baltasar Garzón abriu as xornadas cunha conferencia comparativa sobre os procesos de recuperación da memoria en países que atravesaron ditaduras e transicións democráticas.

Posteriormente Aurora Marco, a escritora Montse Fajardo, o historiador Lourenzo Fernández Prieto e o médico forense Fernando Serrulla reflexionaron sobre a represión contra as mulleres en Galicia. Na mesa dedicada ao Baixo Miño estiveron presentes o investigador Quico Paz Antón, Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, e o historiador e escritor Bieito Alonso.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.