Un pleno infantil para a Eurocidade Tui-Valença

A mocidade de sete centros educativos tudenses demandaron os seus dereitos nun pleno

Tui | Co gallo do Día Mundial da Infancia celebrouse no Espazo Sociocultural de Tui un pleno infantil que contou coa participación de sete centros educativos: os CEIPs de Caldelas, Pazos de Reis, Nº1, Nº2, e Randufe, do CPR Maristas San María e do IES Indalecio Pérez Tizón. No mesmo a infancia e a adolescencia tudense reivindicaron os seus dereitos, recoñecidos por UNICEF, destacando o xogo, o lecer e obradoiros inclusivos.

Esta sesión plenaria foi presidida polo Alcalde, Enrique Cabaleiro, e pola concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, contando tamén coa presenza do colectivo Partuipando. O obxectivo para vindeiras edicións é que se poida sumar tamén o alumnado de Valença e celebrar así un pleno infantil da Eurocidade.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.