Galicia, na vangarda da saúde ambiental no Vaticano.

Recentemente, no Vaticano materializouse o encontro que simboliza o diálogo imprescindible entre a vangarda da saúde ambiental e o maxisterio da ecoloxía integral. Tiven a honra e o privilexio de entregar ao papa León XIV o primeiro exemplar de “Raíces de futuro: triloxía atlántica de saúde ambiental”. Un tratado científico, unha folla de roteiro político e un legado ético, que ademais constata a confluencia co maxisterio da ecoloxía integral de la Iglesia.

A ciencia e a fe, aínda que por camiños e medios propios, están chamadas a conducirnos cara á mesma meta irrenunciable: garantir a dignidade humana e a saúde planetaria. Galicia brilla no Vaticano, ao conectar continentes e proxectar o Atlántico cara á saúde planetaria e unha vida digna para todos os seres humanos. O fito une o compromiso ambiental vaticano (de Francisco a León XIV) cos 25 anos de acción ambiental por parte da gobernanza participativa galega, o que demostra que cando se establecen sinerxías globais refórzase unha mensaxe de urxencia universal.

“A ciencia e a fe, aínda que por camiños e medios propios, están chamadas a conducirnos cara á mesma meta irrenunciable: garantir a dignidade humana e a saúde planetaria”

Nun momento crítico, este encontro pon de manifesto a concordancia de principios e as confluencias entre a ecoloxía integral ante a crise planetaria e o imperativo ético ante a saúde ambiental contemporánea, o maxisterio das encíclicas Laudato si’ (que presentei e difundín en España e América) e Magnifica Humanitas, atopa eco nesta obra, polo que ambas teses refórzanse mutuamente, permitindo que a chamada á acción cale cunha forza incontestable na sociedade.

A obra, incorporada ao arquivo da Santa Sé, ofrécenos as claves para afrontar as grandes ameazas do noso tempo: quecemento global, pandemias, contaminación atmosférica urbana, perda de biodiversidade, etc.; configuran un escenario que pon en risco o porvir do planeta e da humanidade, de aí a urxencia de actuar. A triloxía proporciona solucións científicas e éticas á gobernanza local e global, baseadas en medidas concretas. Un traballo avalado por expertos internacionais da gobernanza mundial (UNESCO, OMS, OPS, UE, Gobernos de España e da Xunta de Galicia, academias e sociedades científicas), sumándose o arcebispo de Santiago de Compostela.

A saúde planetaria é indisociable da xustiza social e da procura do ben común: non é posible a sustentabilidade da Terra se antes non somos capaces de construír un mundo en paz, libre de guerras, violencia, racismo e desigualdades sociais. A triloxía describe as claves para transformar un mundo sen alma nun horizonte de esperanza, onde cada ser humano teña garantido o dereito inalienable a unha vida digna. Atopámonos ante un legado científico e ético concibido para guiar o porvir, unha obra atemporal chamada a permanecer viva no horizonte do 2050 e a salvagardar a saúde planetaria como o gran desafío da humanidade para as xeracións vindeiras.

Científico, académico, escritor y humanista.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.