
Ourense | Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia desprazouse ao Concello do Riós para supervisar o resultado das obras de mellora no edificio municipal e na instalación do parque infantil, ao abeiro destas axudas no ano 2025.
O delegado explicou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 35.000 euros para mellorar a accesibilidade na Casa do Concello e na instalación do parque infantil, ao abeiro da orde de axudas do ano 2025 para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Durante a visita, o representante autonómico detallou que na recente resolución da convocatoria deste ano, a Xunta destinou máis dun millón de euros en 34 actuacións en 30 concellos e catro agrupacións da provincia, co fin de impulsar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais a través da colaboración cos concellos
Esta convocatoria enmárcase no compromiso da Xunta co municipalismo, que en 2026 acada unha cifra histórica de 670 millóns de euros destinados aos concellos a través das distintas consellerías, 30 millóns máis que no exercicio anterior.




