• Segue conectado
  • |

O punto limpo, situado no campo da feira, terá novo horario de apertura

Monforte de Lemos | A concellería de Medio Ambiente, dirixida por Antonino Luaces, informa que a partir do venres día 2 de novembro e ata o día 31 de marzo, o punto limpo, situado no campo da feira, terá novo horario de apertura.
O punto limpo, adaptándose ás circunstancias do inverno, atenderá á cidadanía en horario continuado entre as 9:30 e as 17:00 horas, de luns a venres.
A intención da concellería de Medio Ambiente é mellorar o servizo baseándose en que a partir das 17:00 horas, debido posiblemente á diminución da luz natural, o número de persoas que acude a estas instalacións municipais é prácticamente nulo.
O punto limpo é o lugar axeitado para depositar aqueles residuos domésticos que non teñen cabida en ningún dos modelos de contenedores de recollida selectiva (envases de plástico, bricks ou latas no contenedor amarelo; papel e cartón no contenedor azul; vidro no contenedor verde; e aceite doméstico nos contenedores instalados con esa finalidade). Aqueles elementos voluminosos (colchóns, electrodomésticos, mobles, etc…), restos de pequenas obras, aceites de automóbiles ou maquinaria, baterías de vehículos, etc…, sempre de procedencia doméstica ou de particulares, son elementos susceptibles de ser recollidos no punto limpo.
O día 1 de abril, co incremento das horas de luz solar, o punto limpo recuperará o seu horario actual, de 9:30 a 13:00 horas e de 15:00 a 19:30 horas.

Publicado o 30 Out 2012 en Medio Ambiente.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies