30 vivendas de Porriño participarán no programa de compostaxe doméstica de Sogama

O obxectivo deste programa céntrase en previr a produción de residuos, diminuír a súa xeración e posibilitar a recuperación e a reciclaxe

O Porriño | O Concello de Porriño adheriuse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama e con tal motivo deberá seleccionar unha trintena de vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín para que participen do mesmo. Por iso, desde a Concellería de Medio Ambiente que dirixe María José Martínez fan un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en formar parte deste programa que se acheguen ao Concello para facerllo saber. A compostaxe doméstica non é máis que o reciclaje da materia orgánica en orixe, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o chan e que o propio productor pode utilizar no seu horto, xardín e terras de cultivo, en sustitución dos fertilizantes artificiais.
O obxectivo deste programa céntrase en previr a produción de residuos, diminuír a súa xeración e posibilitar a recuperación e a reciclaxe. Seguirase un rigoroso protocolo de actuación, considerando indispensable o máximo control do proceso para garantir os seus bos resultados. Así, os fogares participantes recibirán a información oportuna por parte de persoal especializado que ademais, de forma periódica, visitará casa por casa para comprobar o traballo dos participantes, corrixir posibles erros e resolver as duras que poidan xurdir, tomando nota dos seus comentarios e observacións.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!