30 barcos peregrinan a Compostela no III Roteiro Rías Baixas Isonor

Procedentes de Baiona percorreron Combarro, A Toxa, A Pobra do Caramiñal e Muros

Ames | Trinta barcos participan nunha peregrinación marítima desde Baiona ata Santiago de Compostela a través do III Roteiro Rías Baixas Isonor. As embarcacións, que partiron o luns de Baiona, chegaron este venres, ao redor das 18:00 horas, ao porto de Portosín.

Deste xeito, acumularán máis de 120 millas de navegación, nas que selaron a súa credencial do peregrino en cada porto. Por tanto, para obter a desexada Compostela, só lles restará completar a pé un último tramo do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia.

Unha camiñada que acometerán o sábado 8 de xullo pola mañá, partindo desde Bertamiráns (Ames). José Antonio Marcote, responsable de comunicación do Xeodestino Ría de Muros Noia e que será o encargado de recibir aos peregrinos á súa chegada, asegura que “é un pracer comprobar como este Roteiro converteuse nunha realidade que xa é imparable.

Encaixa perfectamente coa idea de como entendemos nós nosa ría, a nosa promoción e o noso traballo”. III Roteiro Rías Baixas Isonor A Roteiro Rías Baixas Isonor é unha travesía nada hai dous anos e que se converteu nunha máis dos diferentes roteiros que conforman o Camiño de Santiago. Está organizada polo Monte Real Club de Iates, o Real Club Náutico de Portosín e o Xeodestino Ría de Muros Noia.

O seu obxectivo é divulgar a cultura mariñeira, promover o turismo náutico, impulsar o deporte da vela e dar a coñecer as potencialidades dos nosos portos. Nesta terceira edición participan un total de 30 barcos con medio centenar de persoas, chegando de novo ao límite establecido pola organización para ofrecer a mellor experiencia durante a travesía, así como tamén nos diferentes portos nos que recalou a frota.  A peregrinación partiu o luns 3 de xullo de Baiona rumbo a Combarro. Despois pasaron pola Toxa, Pobra do Caramiñal e hoxe xoves por Muros, chegando finalmente mañá venres a Portosín.

A expedición leva tres embarcacións de seguimento e unha furgoneta por terra de organización e seguridade. O presidente do RCN Portosín Jorge Arán, agradeceu formar parte deste proxecto: “Colaborar co Monte Real é unha honra e o fin deste proxecto é o de facilitar a navegación e a participación tamén a familias en zonas nas que quizais moita xente non está afeita navegar. Quero agradecer especialmente ao club o seu traballo para facilitar isto e tamén que veñan á ría de Muros e Noia, que sen dúbida ten moito que ofrecer”.