Entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, celebrada no Vello Cárcere de Lugo

Premio Mestres mestras memoria

Lugo | A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participaron no Vello Cárcere no acto de entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conceden a informantes de literatura popular por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da cultura popular tradicional. A proposta da sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de socios e socias da AELG acordou outorgárllelos ás Pandereteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo. No acto tamén estivo presente a Deputada de Cultura, Pilar Porto, e outros membros da Corporación Municipal.

A AELG pretende facer máis visible ante a sociedade a literatura de tradición oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria co lema Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral, un acto que contou coa colaboración do Concello de Lugo.

Outros artigos