• Segue conectado
  • |

Lázare é o autor do cartel anunciador da XXXIX Semana de cine de Lugo

Se celebrará do 18 ao 23 do próximo mes de setembro

lázare Lugo | Jesús López Lázare, -LÁZARE- (Lugo, 1960), é o autor do cartel anunciador da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO, na súa XXXIX edición, que se celebrará do 18 ao 23 do próximo mes de setembro.

É o cuarto ano no que unha obra de autor lucense anuncia a semana de Cine. En 2014, foi o seu autor Forges (con raíces na Fonsagrada); en 2015, Jorge Espiral; en 2016, Luz Darriba e Lázare en 2017.

Pintor autodidacta, perfeccionou o seu debuxo na Escola de Artes Ramón Falcón, ten efectuado diversas exposicións individuais e participado en mostras colectivas. Con 16 anos, recibiu o seu primeiro premio no Certame lucense de Arte Xuvenil. Del escribiu Trapero Pardo que conseguía “logros perfectos de entonación en toda a súa selecta obra”.

O cadro é o primeiro dunha serie do autor que pon de relevo tanto a protección da mocidade por parte dos maiores, como a axuda para levar a nenos e mozos polos vieiros da vida.

Nos próximos días comezarase a distribuir o cartel desta anual celebración que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co patrocinio e colaboración da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.

Publicado o 1 Xul 2017 en Axenda, Lugo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies