• Segue conectado
  • |

Ruta de tapas e cócteles de inverno en Bueu

Os locais interesados en inscribirse deben facelo antes do venres 20 de xaneiro, e enviar o nome da tapa e/ou cóctel con data límite o luns 23

Bueu| A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, reuniuse este luns coa hostalaría da vila para organizar unha ruta das tapas e cócteles de inverno para a terceira semana de febreiro (do 16 ao 19), en horario de 12.00 a 13.30 e de 20.00 a 22.00 horas, con posibilidade de horario estendido.

Así todos os bares e restaurantes que desexen participar, deben inscribirse antes do venres 20 de xaneiro, e comunicar o nome da tapa e/ou cóctel antes do luns 23 ao correo silvia@concellodebueu.org. Ademais, a fotografía da tapa e/ou cóctel para promoción debe ser enviada con data límite o 30 de xaneiro.

Tras o acordado cos representantes dalgúns locais da vila, decidiuse que a temática será libre aínda que terá como denominador común o inverno. O custe da tapa será de 2,00 euros, e o do cóctel será acordado nunha reunión cos locais participantes.

Tal e como destacou a concelleira durante a xuntanza coa hostalaría, esta ruta ten como finalidade dinamizar o tecido económico nunha época máis ben frouxa.

Publicado o 17 Xan 2017 en Axenda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies