• Segue conectado
  • |

Outorgada a primeira vivenda do SAREB a unha familia de Salceda

NDEA_ Primeira vivenda do Sareb para SalcedaSalceda de Caselas | A Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestructuración Bancaria (SAREB), concedeu ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) a cesión en usufructo de duas vivendas no Concello de Salceda de Caselas, posto que no municipio non existen vivendas vacantes dispoñibles de protección oficial de promoción pública. Para adxudicar as vivendas ás familias que se atopen en necesidade de vivenda urxente, os expedientes son valorados a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Salceda.

O pasado 19 de febreiro celebrouse en Pontevedra a Comisión Provincial de Vivenda, presidida polo Xefe Territorial de Infraestructuras e Vivenda, José Luis Díaz Yáñez, coa presenza do Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Concelleira de Benestar Social, Teresa Pérez, na que se adxudicou a primeira das vivendas a unha familia con especial necesidade de vivenda con “Alugueiro alcanzable”.

Dende o Departamento de Servizos Sociais seguirase coa tramitación para a adxudicación da segunda vivenda dispoñible, para o que se estudian xa os casos de maior necesidade dentro do municipio, con especial atención en todo caso ás unidades familiares con menores a cargo.
Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social: “Estamos a falar dun paso importante para o benestar dos nosos veciños e veciñas. Hoxe unha familia nunha situación moi delicada pode respirar e ofrecer un teito aos seus fillos e fillas. O Departamento de Benestar Social do Concello seguirá a traballar nesta e noutras iniciativas para seguir a colaborar coas persoas con unha situación máis desfavorecida”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “A Banca e os grandes tenedores de vivenda teñen que asumir a súa obriga coas persoas que o están a pasar peor. Non podemos consentir que siga habendo centos de vivendas valeiras mentres moita xente segue sen ter un fogar digno. Salceda está de noraboa”.

Foto: (de esquerda a dereita): María Martínez, Xefa da Área Provincial do IGVS, Marcos Besada, Alcalde de Salceda, José Luis Díez Yáñez, Xefe Territorial de Infraestructuras e Vivenda e Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social de Salceda de Caselas.

Publicado o 28 Feb 2016 en Benestar Social, Portada, Salceda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies