• Segue conectado
  • |

Orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego na biblioteca municipal

Hortensia Bautista aposta por actividades creativas demandadas pola mocidade e pola veciñanza en xeral e afianza o seu apoio ao fomento da lingua galega en cada unha delas.

Ponteareas | Orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego na biblioteca municipal
A concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, organiza un orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego impartido polo debuxante e Deseñador Pablo Prado, “Furado”.

Este obradoiro, totalmente de balde, será impartido do xoves 31 de Xaneiro ao venres día 1 de febreiro de 18 a 20 horas na biblioteca municipal de Ponteareas.

Dirixido a persoas maiores de 11 anos tan só ofertará vinte prazas polo que os e as interesadas deben inscribirse na biblioteca municipal 986 66 07 65.

A concellería de Cultura e Turismo ofrece durante todo o ano obradoiros gratuítos tanto nas instalacións municipais do centro urbano como nos centros culturais das parroquias que así o demandaron.

 

Publicado o 9 Xan 2019 en Axenda, Cultura, Participación Cidadá, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies