• Segue conectado
  • |

O Curso de Educación para Adultos conta con máis de 25 matriculados

NDEA_ A Guarda- Curso para adultos

A Guarda | O alcalde guardés, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Formación e Emprego, Xabier Crespo, animaron, antes dos exames, aos alumnos e alumnas

O Curso de Educación para Adultos preparatorio para as probas libres do graduado da ESO, organizado polo Concello da Guarda, conta con máis de 25 matriculados.

As clases, que comezaron no mes de febreiro e que se alongarán ata setembro, se imparten en horario de mañá de luns a xoves nunha aula do edificio do do antigo colexio Sinde.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Formación e Emprego, Xabier Crespo, ambos profesores de profesión, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas para animalos antes de realizar os exames.

A primeira convocatoria para o exame é no mes de maio e a segunda será no mes de setembro.

Matrícula para o exame: O prazo para matricularse no exame libre para sacar a titulación en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) está aberto dende o 7 o 18 de marzo.

O instituto máis preto onde facer efectiva a matrícula formal para poder realizar os exames é o IES Indalecio Pérez Tizón, en Tui.

Publicado o 13 Mar 2016 en A Guarda, Educación.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies