• Segue conectado
  • |

Premios “Peña Novo” e xuíces honorarios do “Couto Mixto”.

Teixeira de Pascoaes publicou no ano 1915 un libro titulado “A arte de ser portugués”, escrito para chamar aos seus compatriotas ao compromiso coa identidade. Nel afirma que ser portugués é unha arte de gran alcance nacional, e, por iso, ben digna de cultura, porque “o portugués participa da herdanza étnica, histórica ou tradicional, adquirindo […]

Irmandade Xurídica Galega.

A Xunta de Galicia distinguíu á Irmandade Xurídica Galega(IXUGA) co Premio da Cultura Galega 2017 polo labor realizado na galeguización dos espazos xurídicos. Aínda que o xurado non explicitou na acta os méritos, cómpre que relacionemos algúns, porque se algo se fixo neste ámbito, moito ou pouco, débeselle á Asociación de Funcionarios para a Normalización […]

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián.

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe ao doutor Carlos Guitián Rodríguez o próximo sábado en Ourense. Xusto o día que cumpre noventa anos. Unha boa data para louvarmos a biografía dun médico que é un referente na medicina galega. Pero tamén porque […]

Deica Mañá.

Despois de trinta e oito anos de servizo no Concello de Redondela, a semana pasada xubileime. Pero só da actividade profesional, non da vocacional, na que seguirei activo ata que o corpo aguante. Carme P.Vaquero, infatigable compañeira e dinamizadora lingüística, organizou un acto de despedida ao que acudiron duascentas persoas amigas de todos os sectores […]

Dobre nacionalidade para os veciños do Couto Mixto.

Os habitantes dos pobos de Santiago, Rubiás e Meaus tiñan o privilexio de escolleren a nacionalidade portuguesa ou española. No día do casamento, os que querían ser portugueses bebían un copo de viño na honra do rei de Portugal e mandaban gravar na casa de morada un P (Portugal); os que preferían a nacionalidade española […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies