![]()
Hai autores que encenden luces na escuridade. Antón Baamonde é un deles. As letras galegas non se caracterizan por ter un lectorado de ensaio amplo, malia ter intelectuais lúcidos que saben retratar aspectos da nosa actualidade social que moitas veces foxen de caracterizacións claras. A derrota de Galicia agrupa artigos de Baamonde publicados en diferenes […]
Escrito por
Inma Otero | Publicado o 15 Nov 2012 en
Libros |
Leer completo »
![]()
Dentro da nosa tradición literaria, tan dada a darlle periodicamente algunha volta á materia de Bretaña, botábase en falla unha obra coma esta. Morgana en Esmelle sería o último texto que dou esta sorte de código arturiano no que ciframos a realidade cando precisamos a distancia do mito. E xa ían sendo horas dunha revisión […]
Escrito por
Inma Otero | Publicado o 11 Out 2012 en
Libros |
Leer completo »
![]()
Divertida e un chisco melancólica foi a presentación en Librouro de Antón Reixa. Ghicho distinto, o libro de conversas preparado por Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido. Conduciu a mesa o xornalista Xosé Manuel Pereiro que soubo utilizar as doses necesarias de sal e pementa para que os autores e o protagonista do libro falasen […]
![]()
Hai quen gosta da liña recta, incluso en literatura, e hai quen se decanta pola liña curva, ao xeito do poeta Jesús Lezcano. Inma López Silva inclúese no segundo grupo. Se a preferencia pola curva como valor estilístico e moral se observa en cada unha das súas obras, resulta máis nidia en Tinta por tratarse […]
Escrito por
Inma Otero | Publicado o 12 Set 2012 en
Libros |
Leer completo »
![]()
Un clásico literario, tamén para nós, é o das alegorías. Mentres que a finais do século pasado a preferencia pasaba por relatos metafóricos que fabulaban coa situación política da Galicia da época, na actualidade óptase máis ben por relatos de ficción científica que fantasean co futuro da sociedade da tecnoloxía e dos media, como ben […]
Escrito por
Inma Otero | Publicado o 20 Ago 2012 en
Libros |
Leer completo »