• Segue conectado
  • |

Andaina pola Ruta Máxica de Oia organizada polo concello da Guarda

A Guarda | A andaina Ruta Máxica de Oia foi programada para dar comezo as Andainas organizadas polo Concello da Guarda e Caminha pero debido ás malas previsións meteorolóxicas do mes de marzo foi aprazada. Finalmente esta andaina terá lugar o próximo sábado 26 de maio polo que os interesados deben confirmar a súa asistencia […]

O alumnado do IES A Sangriña impulsa o galego con rap, skate e graffiti

A Guarda | O alumnado do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña participou esta mañá na primeira edición das actividades de arte urbana «A cultura na rúa», organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do instituto público e o Concello da Guarda. As actividades desenvolvéronse durante toda a mañá con distintos cursos nos que as […]

Os Socialistas da Guarda trasladan o problema do deterioro no litoral do esteiro do Miño ata os parlamentos Galego e Español

A Guarda | Na mañá do venres 16 de marzo visitaron a zona do esteiro do Miño, que está sufrindo estragos no litoral, a deputada do parlamento Galego e portavoz de medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, e o deputado no parlamento Español, pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón. O obxectivo da visita dos […]

«Ataraxia»: Unha mostra sobre as mulleres e a beleza paisaxística na Guarda

A Guarda | O Centro Cultural acollerá exposición fotográfica «Ataraxia», da deseñadora gráfica Marina Alonso San Miguel, do 5 ao 28 de marzo. A mostra componse de 16 fotografías nas que se superpoñen elementos naturais e paisaxísticos con siluetas femininas en tons brancos e negros. Segundo explica a autora, este traballo nace da súa afección […]

A OMIX A Guarda publica un tríptico informativo con todas as actividades programadas para 2018

A Guarda | A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda ven de publicar un tríptico informativo sobre as actividades programadas para este 2018, xa dispoñible ao público no Concello, en entidades educativas e sociais, e en diversos locais comerciais e de ocio da vila. Co lema “Sal e participa! Comparte. Experimenta. […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies