• Segue conectado
  • |

25º aniversario da Coral Polifónica de A Cañiza

A Cañiza | A Coral Polifónica de A Cañiza celebrará o vindeiro 10 de agosto de 2019, ás 22.00 horas, na Casa da Cultura da Cañiza, o seu 25 Aniversario, nunha Gala especial que contará coa presenza da Coral Pollifónica Cantares de Arnoia e Coral Polifónica Coruñesa Canticorum. O Concello de A Cañiza felicita a todos os membros da Coral pola súa labor en prol da nosa música durante estes anos.

A Coral Polifónica de A Cañiza fundouse no ano 1994 por iniciativa da Concelleira de Cultura da época, Dña. M. Pilar Antonio Gómez. Por aquel entonces existía unha forte inquietude musical entre un nutrido grupo de veciños do Concello, polo que en vista desta implicación e participación, dende o Consistorio, considerouse que o proxecto podería chegar a ter unha boa traxectoria no tempo.

Naqueles primeiros anos a Coral de A Cañiza estivo dirixida por Don Mario Grimaldos Jiménez, Director que se encargou da presentación oficial da formación. Nesta posta de largo a Coral foi apadriñada pola Coral de As Neves.
Dende aquela e ata hoxe foron varios os directores que pasaron por ela e que a acompañaron na súa xira polos distintos lugares de Galicia, Lisboa, Madrid e Valladolid onde actuaron con grande éxito. Valentina Dolisnea, Enrique García Vall e finalmente Jorge Fernández González foron os sucesivos directores da agrupación cañicense.

Neste momento a formación coral conta con 32 integrantes, dos cales 11 son fundadores., e 251 socios.
A formación está subvencionada coas aportacións ordinarias e extras dos seus compoñentes, coas cuotas dos socios e coa aportación anual do Concello de A Cañiza e Deputación Provincial de Pontevedra
O seu gran reto segue sendo captar o interese e integrar na formación a xente nova e aos moz@s da Vila, todavía reacios a formar parte deste tipo de agrupacións.

Publicado o 8 Ago 2019 en A Cañiza, Axenda, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies