“Xenocidio”, Palabra do Ano 2025

Con máis de 4 de cada 10 votos emitidos

A Coruña | A votación popular para a escolla da Palabra do Ano da campaña do Portal das Palabras promovida pola RAG e a Fundación Barrié, concluíu coa elección de “xenocidio”, o neoloxismo creado polo xurista polaco de orixe xudía Raphaël Lemkin (1901-1959) En palabras do historiador galego Antonio Míguez Macho, esta palabra constitúe un dos conceptos que cambiaron o mundo.

“Xenocidio” impúxose con máis de 4 de cada 10 votos emitidos, 2.948 dos case 7.200 rexistrados, adiantándose así a voz finalista vinculada a outro fenómeno de natureza ben distinta: “foliada”, expresión da alegría colectiva que significou a celebración das Letras Galegas das cantareiras. A palabra “Xenocidio” figuraba xa no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (1988), a base da que partiu o actual Dicionario da Real Academia Galega.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.